martes. 28.03.2023

Os populares ourensáns posiciónanse a favor da conservación dos partidos xudiciais

Manuel Baltar reuniuse cos responsables locais do partido nos concellos afectados REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia Manuel Baltar reuníase o pasado domingo cos responsables locais...

reunion.representantes.partidos.xudiciais.03.para.web

Manuel Baltar reuniuse cos responsables locais do partido nos concellos afectados

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

Manuel Baltar reuníase o pasado domingo cos responsables locais do Partido Popular nos concellos que son sede dos diferentes partidos xudiciais da provincia que desaparecerían de aprobarse a Lei Orgánica do Poder Xudicial. Así, estiveron presentes na sede dos populares ourensáns, os alcaldes de Bande, Celanova, Ribadavia, Trives, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e Verín, así como a concelleira de Medio Ambiente, Desenvolvemento Rural e Agricultura do Concello de Xinzo. E de xeito unánime opóñense “rotundamente a esa previsión do anteproxecto”.

Os populares propoñen iniciativas políticas que demanden unha reconsideración do Goberno respecto desta cuestión, ou “a súa rectificación no longo proceso de tramitación parlamentaria” que queda por diante, coa aprobación das emendas correspondentes. O PP de Ourense posiciónanse en contra desta medida alegando “unha serie de peculiaridades e especificidades propias da provincia, como a dispersión xeográfica, o envellecemento da poboación e mesmo características orográficas que dificultan en moitos casos os desprazamentos á capital da provincia”. Unha cuestión que ademais, recordan, vai en contra do dereito cidadán de acceso a unha tutela xudicial efectiva como garante a Constitución Española.

Na súa reunión, quixeron recalcar todos os “esforzos realizados polo goberno autonómico” en materia de infraestruturas xudiciais, que son investimentos feitos “na dirección desexada de proximidade e áxil servizo de xustiza para os cidadáns en tódolos partidos xudiciais” da nosa provincia.

 

Os populares ourensáns posiciónanse a favor da conservación dos partidos xudiciais
Comentarios