Texto: MANUEL RIVERO/ Fotos de debuxos: MANUEL SEOANE
As pozas de aire adiantaron no tempo a dúas das revolucións recentes da historia da humanidade:
A Revolución Industrial, ó seren capaces de funcionar e producir sen necesidade de utilizar a enerxía humana para cumprir coa súa función básica de: Abrirse cando están cheas. Cerrarse cando están valeiras.
A Revolución Tecnolóxica, ó se poderen programar por si mesmas, coa máxima eficiencia, sen retrasarse un segundo e co a máxima eficacia, sen desperdiciar unha gota de auga.
Non temos datos históricos escritos, e os orais pérdense no tempo, para poder coñecer a implantación na Limia. O que si é inmediato e certo, é a súa desaparición, se non tomamos conciencia do seu valor, tanto a nivel construtivo como funcional.
Para o seu coñecemento, achegámonos a elas por medio das seguintes preguntas: qué, para qué, cómo, ónde e por qué.
¿Qué son as pozas de aire?
Son estanques que se utilizan para regar. Construídas de diferente forma e tamaño, adaptadas ó terreo no que se ubican.
¿Para qué serven?
A súa función básica é a de acumular a auga para o seu aproveitamento de forma eficaz no regadío dos campos.
A auga procede dun manancial de propiedade privada, de caudal xeralmente escaso, que por sí só, correndo libremente, non era suficiente para regar.
Ó proceder o seu estancamento, conséguese: Regular o caudal. Acumular máis cantidade.
Regar máis extensión de campo. Regar con máis intensidade.Regar a intervalos de tempo máis curtos.Regar máis eficazmente.
Este artigo ten dúas entregas máis que iremos publicando en semanas vindeiras.