viernes 3/12/21
DAVID CARNERO

Twitter: @DAVIDCARNERO

Todo inicio ten unha  presentación,  e como primeira colaboración con este diario  dixital quería explicar en breves liñas  quen é un servidor e o que podo aportar escribindo nesta web.

Son un veciño máis da vila,  que despois de vivir moitas experiencias no mundo do deporte decide axudar neste proxecto tan interesante,  enriquecendo así  un pouco máis este diario dixital.

A verdade que me considero un afortunado poder dedicarme  o que verdadeiramente me gusta que é o deporte, e en especial nestes últimos anos ao deporte de rendemento .  Xa que quen me ía a dicir a min que pasaría de estar sentado no  banco do Campo de fútbol de “ A MOREIRA” a estar sentado no banco do Vicente Calderón enfrontándome o equipo de moda, o Atlético de Madrid.

Polo que debido as miñas experiencias e coñecementos na materia deportiva, a miña participación neste diario dixital será basicamente informar sobre o deporte da Limia así como dar información e recomendacións  sobre todo o referido co deporte e saúde.

 

Comentarios