O outro problema de “PERSOAL” que ten Xinzo

O outro problema de “PERSOAL” que ten Xinzo

imagesA semana pasada falaba do problema de \“persoal\” referido ós veciños empadroados, e os que non o están, aínda que efectivamente sexan veciños de feito, aínda que non de dereito.
Moitos dos comentarios a noticia, por non dicir todos, facían as súas criticas a este segundo problema.
Segundo as estatísticas dos concellos da provincia e de Galicia, do mesmo tamaño que o noso, ten un custe de persoal con respecto do presuposto total de ata 30 puntos de diferenza con respecto o noso. Sendo o noso deses 30 puntos porriba.
Tamén se analizamos o número de traballadores con respecto o número de habitantes, tamén estamos moi porriba, xa non da media , se non en valor absoluto total. Con todos estes datos poderísmos concluir , que temos un problema de sobredimensión de traballadores da nosa administración local.
Despois deste análise que poderíamos converter nun axioma, deberíamos analizar a situación no presente e loxicamente de cara o futuro.
No tocante o presente, esta é unha realidade, polo que discutir de quen tivo a culpa, penso que é unha tarefa que non nos levaría a nada. É como si a estas alturas se lle votara a culpa a Eva por culpa da \“ maza\”. Persoalmente penso que isto xa ven de épocas moi afastadas, e lóxicamente tamén os de ahora. E tamén teño claro que calquera que veña a gobernar en Xinzo, non pode facer outra cousa que gobernar con esta situación.
Por outro lado, e dada a situación real, teríamos que estar todos de acordo que Xinzo non debería ter ningún problema, no que se refire a limpeza do pobo, a situación das rúas, do alumeado etc etc, porque ese persoal algo estará facendo. Pero tristemente creo sinceramente que non é esa a percepción. Tampouco os veciños opinan que a nivel de administración pura e dura os papeis que teñen que pasar polas oficinas municipais corran a velocidade que se espera. Logo destes outros análises, algo pasa.
Nin que dicir ten que si se lle pregunta ós funcionarios e o persoal laboral do concello, se dedican as horas a facer ben o seu traballo, ningún dirá que non é así.
Non serei eu quen vaia dar aquí a solución a este \“problema\”. En primeiro lugar, porque posiblemente non soubera, e segundo, porque para iso o pobo elixiu ós responsables de solucionar este e outros problemas. Pero o que si teño claro é que simplemente comentándoo unha vez o ano, cando se pretenden aprobar os presuposto para o ano, tampouco se soluciona. Sobre todo, polo que dixen denantes, calquera que entre ten este problema de persoal .
¿Non sería mellor atacar o problema dende todos os puntos de vista, político, laboral e sindical, para que nun prazo mais curto que longo, esta situación de a volta e que si o 65% do presuposto do noso concello emprégase no custe de persoal, que sexa este persoal os que fagan tamén o 65% do traballo que se necesita para que todo funcione correctamente?.
De non ser así moito me temo que a situación financeira do noso concello siga sendo a que é. Impostos altos e servizos pequenos, sempre dependendo de que as outras administración cumpran, como ata agora con nos, pois de non ser así….que se poderá facer no futuro?.