Por que se cambia o que funcionou ben?

PGV-COVID
Por que se cambia o que funcionou ben?

Creo que na pandemia e na post-pandemia, todas as administracións fixeron cousas ben feitas e outras mal. A maioría estaremos de acordo que o SERGAS coa administración das vacinas ás persoas maiores fíxoo bastante ben, por non dicir moi ben.

Uns equipos de enfermeiras e enfermeiros desprazábanse aos centros de saúde espallados pola xeografía e os nosos maiores desprazáronse, como puideron, a maioría con fillos, netos ou parentes ata o lugar para recibir a dose.

Si funcionou ben, por que hai que cambialo agora?

A partir da semana que ven, eses mesmos maiores de 80 anos (a gran maioría non conducen), van ter que desprazarse ata Ourense para recibir a 4ª dose. No mellor dos casos, unha hora para ir, media para estar alí, en condicións non moi axeitadas e outra hora para vir. Unha persoa por cada un ou cada dous, para acompañalos e levalos.

Onde está o aforro da enerxía que nos piden os políticos?.. o gasto de combustible por cada unidade desprazada 60 ou máis Km. Etc.etc.

Creo persoalmente, e algunhas persoas máis tamén, que desta vez ninguén se preocupou de pensar nos moitos inconvenientes deste método, que quede claro, para as persoas maiores.

Sentímolo moito, pero desta vez, temos que dicir, “parece que neste noso Pais, cando algo funciona ben, vai é cámbiano.