A que sabe o "pulpo" a máis de 35 grados?

rpt
A que sabe o "pulpo" a máis de 35 grados?

A esta pregunta deberíannos respostar todos os que o comeron no recinto da feira, os de fora e non digamos os de dentro dos locais.

Na feira de onte, onde máis xente se xuntou foi a hora de comer o polbo, o churrasco ou a carne o caldeiro nos locais da feira e nas carpas de exterior.

A temperatura fora era de máis de 35 grados, e non digamos dentro onde se ateigaba a xente, como si non fora “haber” un mañá.

Non preguntamos a que sabe o polbo a esa temperatura ambiente.

Pero si nos facemos outra pregunta. Que vai a pasar nos vindeiros días?.

Moito nos din que gardemos as distancias, as terrazas ao 50%, os interiores, o mesmo, as barras dos bares pechadas, e alguén se preocupou do que estaba a suceder neses comedores, sen ventilación, con mesas corridas etc., etc., etc.

Si ai algo aí arriba, chamémoslle como queira cada un, esperemos que bote unha man, se non a semana que ven a Limia vai a ter un crecemento de positivos importante.

Esperemos estar equivocados, pero vendo as imaxes, vostedes opinen...

027102610211