Que vai a pasar agora despois do reparo suspensivo?

Intervintes pleno 09.09.22
Que vai a pasar agora despois do reparo suspensivo?

Pois nada....todo vai a seguir igual.

No pleno do venres, todos os intervintes puxéronse en garda, para defender, atacar, xustificar e tamén por que non dicilo, “pavonearse”, ante o que dicían, primeiro reparo suspensivo do concello de Xinzo. Vou tratar de explicarme.

En primeiro lugar o servicio de intervención do concello, capitaneado pola nova interventora, e cando digo nova, en toda a extensión da palabra, nova no cargo e nova en idade, fixo o que lle marca a lei, loxicamente sen desviarse ni un milímetro dela. Foi a súa primeira intervención ante o pleno e loxicamente notábanse os nervios, e volvo a repetir, loxicamente nada que reprochar. Supoñemos que outra persoa con máis anos de servicio buscaría algunha maneira de non comprometer desta maneira ao grupo de goberno, neste caso a alcaldesa, sen incumprir os mandatos.

Isto precisamente era o que deixaba entrever a alcaldesa na defensa da súa postura, na que acataba, non podía ser doutra maneira o reparo, pero a súa vez non compartía a maneira e o proceder.

Pasamos logo a analizar aos outros personaxes da traxicomedia esperpéntica que puidemos desfrutar en principio os presentes e despois todos os que queiran a través do facebook de dendealimia.

A concelleira virtual Montse Lama aproveitou para arrear, esta vez xa con gañas ao goberno cuatripartito con certa doses de prepotencia e sobreactuación.

O representante do PP Toni Fernández, no seu papel de opositor nato, e dicimos no seu papel, porque o traía todo escrito, foi relatando un por un datos, cifras, números e cualificativos, sobre todo e incidindo no concelleiro de Facenda, primeiro responsable, coa gravidade que cobra unha dedicación para ilo, e no final a alcaldesa por ser a responsable total.

Tocoulle a quenda ao Concelleiro de Facenda Manuel P. Campos, o cal para non entrar en nada do que se estaba a tratar fixo unha loubanza, coase persoal de todo o bo que pasou en Xinzo nos últimos meses a partir do Entroido.

As respostas a tanto “buenismo” non tardaron en chegar por parte da concelleira afeando os personalismos do Sr. Pérez en canto a que se arrogou(el e o seu grupo de goberno)os éxitos do Entroido, Festas de Sta. Mariña, Esquecemento, Feira do Comercio e Alimagro, e tamén da cantidade de xente que veu a Xinzo este ano. Recordoulle a concelleira que eses éxitos foron das comisións, do Entroido e festas, de Cívitas , de ProLimia e a última do seu compañeiro de goberno Amador.

Ah, e por fin anunciou de que non se preocuparan os membros do cuatripartito, que ela non volvería na próxima lexislatura a Xinzo.

Reiterou na súa réplica Toni, prognosticando, que por desgracia, este non vai a ser o último reparo deste ano.

Rematou o debate a alcaldesa Elvira, tranquilizando aos provedores, que cobrarán esas facturas, máis pronto que tarde, e que estas cuestións están na mesa de todos os alcaldes, sobre todo estes anos pasados e este presente, e que por iso non se paraliza o día a día do concello.

Efectivamente, e termino como empecei, non vai a pasar nada...e para iso dúas horas de pleno?.