A situación económica do Concello de Xinzo é endémica

Interventora Concello Xinzo
A situación económica do Concello de Xinzo é endémica

Este concello ten uns servicios moi grandes e os recursos moi pequenos (Interventora)

Todos os anos chegadas as datas de levar a cabo a aprobación dos orzamentos do Concello de Xinzo sempre temos os mesmos titulares de prensa, “O concello de toda a provincia que máis gasta en persoal”, e sempre temos os mesmos argumentos por parte dos que ostentan o goberno e o grupo de oposición, independentemente da cor que teñan.

Neste caso tocoulle ao goberno de Elvira Lama defender uns presupostos, que segundo declaraba o propio concelleiro de Facenda, non son os presupostos que nos quixéramos, pero é o que hai.

Nesta edición, pasou e seguirá pasando por moitos anos, segundo verbas da propia interventora, posto que o capítulo de persoal lévase preto do 58% , cuestión da que non se pode escapar mentres se teña que cumprir a regra de gasto.

Temos un concello cuns servizos moi grandes e uns recurso moi pequenos

Contra isto, ata a data, ningún goberno lle quixo botar o dente, e moito nos tememos que este tampouco poida, polo que as inversións reais dos orzamentos van a ser sempre cativas, dependendo de inversións e convenios de outras administracións, para poder salvar os móbeis.