A SUBLEVACIÓN MILITAR EN OURENSE II

A SUBLEVACIÓN MILITAR EN OURENSE II

2015050623120889762En Ourense, o gobernador civil, G. Martín March, solo puido contar coa colaboración do comandante de Carabineros F. Ayala Victoria para intentar evitar que as tropas saliran as rúas e proclamasen o estado de guerra. Ainda que finalmente accedeu á entrega dalgunhas armas ós concentrados en torno ó Goberno Civil, o edificio puido ser tomado sen grandes dificultades ás últimas horas da mañá o día 20 de xuño por L. Soto e A. Casar, mentres que o verdadeiro artífice do golpe J. Ceano, organizaba as primeiras columnas destinadas á acabar cos contados focos de resistencia que se mantiñan na provincia. Resistencia que se localizou en Maceda, onde se concentraron centos de homes á espera dunhas armas que nunca chegaron, igual que en Vilar de Barrio ou a Gudiña, a primeira destas comunidades foi tomada militarmente con tropas desplazadas desde a capital, mas de unha semana despois, ainda continuaban dando batidas para dispersar as importantes concentacións de fuxidos. É importante que estes reductos de resistencia se localizaron ó largo da vía do ferrocarril, que unía a Gudiña con Vilar de Barrio.

Tamén na zona de Valdeorras a esperda intentou en vano frear o avance das columnas de soldados e milicianos de índole fascista, causándolles a única baixa que os sublevados tiveron en toda a provincia do sur de Galicia.

Podemos decir, que en Galicia realmente non houbo Guerra Civil, xa que triunfou en caseque todas os pobos, vilas e cidades a sublevación militar do 18 de xullo. O último dos feudos republicanos en resistir e caer en Galicia foi a cidade pontevedresa de Tui, que caeu baixo o dominio das tropas nacionais o 25 de agosto, dando asi final a sublevación en Galicia, e comezando unha dura represión en torno a todos aqueles e aquelas que foron fieies os seus principios de democracia e que apoiaran o rexime da II República.

Galicia convertiuse, nunha comunidade que servía de abastecemento a todas as tropas nacionais do resto de España, ademáis en Galicia levaronse a cabo tácticas represorias, como ben analiza o historiador Antonio Míguez Macho no seu libro publicado na editorial Xerais, Violencia e represión en Galicia na Guerra Civil. Co final da guerra, despois da caída de Madrid o 1 de abril e da proclamación de Franco como Xeneralísimo[1], comeza en España un novo periodo político donde a ira e a represión será o que primará durante os case 40 anos de réxime, ata a norte do ditador o 20 de novembro de 1975.

\“A Historia é o análise das fontes, arquivos e fontes orais pasadas, presentes que levan a cabo a analizar as situacións e situación actual para saber o noso pasado, o noso presente e que cambiar nun futuro\”.


[1] 1 de outubro de 1936 Franco é proclamado Xeneralísimo de todos os exércitos.