A SUBLEVACIÓN MILITAR EN OURENSE
Despois dos dous anteriores capítulos acerca da figura do monárquico galego, José Calvo Sotelo, gustaríame seguir un fío cronolóxico e falar dun acontecemento que cambiuo a historia do noso país e que por desgraza segue moi presente na memoria de uns e na retina de cada vez menos persoas polo paso do tempo e dos anos como é a sublevación militar en Galicia.
O panorama político galego resultante destes comicios mostraba novamente as nítidas diferenzas que separaban as provincias occidentais das orientáis. Os republicanos de esquerdas son os grandes vencedores no conxunto do territorio grazas á súa vitoria nas primeiras: IR, a formación mais votada, benificiouse non solo do papel director que xogou no conxunto do Estado senón tamén da integración da antiga ORGA, conseguindo un total de once escaños, os que tiña que sumar catro de UR. Entre as forzas obreiras, o PSOE obtiña seis escanos e un o PCE, mentres que os nacionalistas do PG sumaban outros tres e os agrarios de esquerdas outro. No entanto, Lugo e Ourense, redutos do caciquismo fel a Portela Valladares e a Calvo Sotelo, inclínanse, respectivamente, polos centristas e a dereita. Os primeiros obtiveron un total de oito actas, as que teríamos que sumar unha do PR, mentres que as dereitas fanse únicamente con catorce das corenta e nove escanos en xogo (oito da CEDA, catro do BN e outros dous conservadores). Por tanto, en Galicia, os resultados das eleccións do 16 de febreiro non cadran con esa imaxe de bloques antagónicos confrontados, senón que dibuxan unha competencia triangular, en gran parte fruto do manexo das respectivas redes clientelares, donde a esquerda republicana, obreira e galeguista obtén vinteseis actas, fronte as catorce do Fronte Antirrevolucionario e nove dos centristas, se incluimos como tales a agrarios que figuraban na sua candidatura e ó único deputado radical. Xa antes de celebrarse as eleccións do mes de febreiro diversas guarnicións de Galicia, conspiraban abertamente e conectaban con elementos civís con vistas a un golpe de forza, que incialmente, concebíase como unha resposta a posible eventualidade de que a esquerda derrotada nas urnas desatase un proceso revolucionario para facerse co poder. Varios responsables falanxistas chegaron a entrevistarse con José Antonio Primo de Rivera, acordando apoiar ás suas milicias nunha eventual sublevación do exército. Os ourensáns, por exemplo, permaneceron acuartelados as noites do 16 e 17 de febreiro á espera dun pronunciamento que nunca chegaría a producirse unha vez que en Madrid fracasaron as presións de quenes, con Franco, xuzgaban necesaria a declaración de Estado de Guerra para parar as masas. Chegados ós acontecementos que nos levan ó golpe de estado do 18 de xullo de 1936, como o asesinato de Calvo Sotelo e as tensións da primaveira sanguenta de 1936, ademáis do peche da Real Academia Militar de Zaragoza que Franco dirixía, ou a destitución de Alcalá Zamora que leva o militar monárquico e xenro do ex presidente republicano a apoiar a sublevación militar, continuaremos no vindeiro artigo co que acontece na nosa provincia durante a sublevación militar.