Testemuña da ‘historia antelá

cigoñas
Testemuña da ‘historia antelá

cigoñasExtracto do conto solidario A historia de Antela contada por unha cegoña:

«Nun niño sobre un centenario carballo, tres polos de cegoña e a súa nai conversan animadamente: A vosa avoa foi unha das derradeiras cegoñas que naceron ao carón dunha lagóa de auga doce fermosísima que se chamaba Antela, ou lago Bión. A avoa ben sabía que era das máis grandes de Iberia porque nas súas migracións anuais a África visitara moitas outras lagoas ...

Cando a avoa volveu de pasar o seu segundo inverno en África non atopou as cousas como ela recordaba. Chegando dende o sur pareceulle que o espello que semellaba de lonxe a lagoa era máis pequeno. Logo decatouse da presenza de moitos homes, cunhas máquinas raras que, nunca vira. Eses homes comezaran a abrir canles polas que a auga bulía rápido. Así, pouco a poueo, aquel espello no que se miraban os nosos devanceiros, e milleiros doutras aves, foi encollendo, encollendo e encollendo, ata desaparecer...

Despois de desaugar a lagoa e encanar os ríos máis grandes, seguiron desaugando case todas as veigas, cortaron case todas as carballeiras e as sebes de freixos, acivros, amieiros, bidueiros e outras árbores, incluído o carballo onde os vosos avós aniñaran e onde eu nacín (engadea cegoña nai, chea de morriña)...

Cando eu era pequena coma vós, os tempos eran moi, moi malos para as cegoñas...Case sen árbores para poñer o niño, sen lagoa e só cuns poucos recunchos de veigas con auga onde atopar comida. Non poucas veces algúns humanos sen ningún escrúpulo espoliaban os niños e mataban aos -cegoñínos. Eu mesma e os meus irmáns salvámonos por moi pouquiño...»

Despois da desecación da Lagoa de Antela, a principio ,dos anos 60 do pasado século, as cegoñas case desapareceron da comarca da Limia. Para intentar resolver a situación, nos anos 80 a Sociedade Calega de Historia Natural, coa axuda do antigo Instituto pata a Conservación da Natureza (ICONA) e a autorización dos propietarios das parcelas, afanouse en colocar os primeiros soportes artificiais para niños de cegoña, que ían.protexidos con arame de espiño na parte superior para evitar que os dessaprensivos puideran trepar por eles e espolialos.

Hoxe a situación é ben diferente.

Serafín González é o presidente da Sociedade Galega de Historia Natural