Os traballadores do Concello de Xinzo reuniranse esta tarde da man da CIG para abordar a situación xudicial do alcalde

Os traballadores do Concello de Xinzo reuniranse esta tarde da man da CIG para abordar a situación xudicial do alcalde

A reunión será ás 14:30 horas na Casa da Cultura e tamén tratará temas coma a negociación colectiva

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Os máis de cen traballadores que ten o Concello de Xinzo están convocados para esta tarde ás 14.30 horas na Casa da Cultura pola CIG, o sindicato maioritario para a celebración dunha asemblea. Entre os puntos a tratar atópase a situación xudicial na que están sumidos o propio consistorio e o seu presidente, Antonio Pérez. Despois de que se ditaran contra eles ata oito sentenzas condenatorias pola realización de contratos irregulares, e sobre os que rolda a investigación dun proceso penal por presunta prevaricación.

Pero esta non é a única preocupación que teñen os empregados municipais. A sombra do ERE co que ameazara o alcalde e a redución salarial do 15% á que se viron sometidos, planeará seguramente hoxe no debate que o sindicato programou sobre a negociación colectiva.

Fotografía: Ourense Dixital.