A vontade dunha muller, hoxe e en 1890

575
A vontade dunha muller, hoxe e en 1890

Non, non está errado o título deste artigo. Quero falar de algo que está a acontecer nestes días e de algo moi semellante que aconteceu hai 127 anos... ou sexa, case que hai nada.

575Comecei a escribir este artigo un 24 de Novembro e remateino ó seguinte, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, na lembranza das tres irmás Mirabal (Patria, Minerva y María Teresa) brutalmente asasinadas o 25 de Novembro do ano 1960 na República Dominicana.

Non vou poñer aquí o significado da palabra \“manada\” extraído do dicionario da RAE. Creo que é de sobra coñecido por todos. Seica, a dicir do que leo na prensa, é a maneira da que se chaman a si mesmos ese grupo de mozos sevillanos que están a ser xulgados estes días pola presunta violación dunha rapaza nas festas do San Fermín do pasado ano. Supoño que o feito de chamarse así, representa o concepto que cada un deles ten de si mesmo.

Non son quen de poñerme na pel desa rapaza. Non son quen de imaxinar que a súa vontade non teña tanto valor como a deses cinco impresentables que coidaron que valía máis a vontade deles. Non coñezo sequera o nome dela, mais gustaríame dicirlle unha chea de cousas que fixesen que se sentise ben, pero que non son capaz de expresar, porque non me saen as palabras, non me saen do noxo que sinto porque non respectasen a súa vontade.

Por iso quero contarlle unha historia, que aconteceu moitos anos atrás, e que tamén saíu na prensa da época e causou grande expectación. Era un oito de febreiro de 1890 (cantos anos pasaron xa, e seguimos cos mesmos erros) e nun xornal dese día, concretamente en La Voz de Galicia, atopei esta noticia:

El próximo día 10 se constituirá en Ginzo de Limia el Tribunal del Jurado para ver en juicio oral y público una causa por violación. El acto se verificará en el salón de sesiones de la Casa Consistorial, a cuyo efecto se está preparando convenientemente. Formarán el Tribunal de derecho el Presidente de la Audiencia de Orense, señor Del Río, el Magistrado de la misma Sr.Puig y el Suplente señor Anta. El ministerio público estará representado por el Fiscal Sr. Moscoso.

Da importancia do asunto, dá indicios o feito de ter que acondicionar o salón de sesións do Concello, e de que o propio xornal insistise o día 11 de febreiro dicindo que \“el domingo, salieron de Orense para Ginzo de Limia, en donde debió constituirse el tribunal del Jurado el lunes, el Presidente y el fiscal de aquella Audiencia, Sres. Del Río y Moscoso, el Magistrado señor Puig, el suplente señor Anta y el secretario señor Arias Montes. Regresarán el miércoles.\”

O venres 14 de febreiro dese 1890, día de feira en Xinzo, o xornal lembraba a constitución do tribunal do xurado na vila destacando o feito de que \“siendo la novedad tan grande en toda la comarca, que el público invadió el local formando larga cola.\”

Sobre o obxecto do xuízo dicía o relator que \“vióse ante este tribunal una causa instruida contra un joven de diez y nueve años, acusado del delito de violación de una joven de la misma edad\” para informarnos a continuación das xogadas e manobras do avogado do acusado con estas palabras: \“El defensor del reo, D. Augusto Carballo Enríquez, según nos escriben de la citada villa, hizo un brillantísimo discurso demostrando que contra su defendido no resultaba la menor prueba más que el solo dicho de la ofendida, por lo cual procedía la absolución, o cuando más, el delito que se perseguía debía calificarse como de abusos deshonestos y nunca violación, una vez que se carecía de toda prueba, incluso la facultativa\”.

Tal como o conta o articulista, déixase entrever que, tanto para o avogado da defensa como para o propio acusado, nada valía a palabra da muller violada. O redactor insiste despois en que \“A pesar de los esfuerzos que, en periodos muy lucidos, hizo la defensa\”, co cal me paro a pensar de que parte estaría el mesmo.

Menos mal que para o tribunal esa palabra da rapaza si que valeu, pois no remate da crónica no xornal dise que el tribunal impuso al reo la pena de catorce años, ocho meses y un día de arresto.\”

Neste ano 2017 aprobouse en España un pacto de Estado contra a violencia de xénero que non foi subscrito polos representantes de Podemos. Gustaríame supoñer que ese acordo permitirá mellorar esta situación no prazo máis curto posible. Porén, eu sigo a pensar nunha frase de Pitágoras que di \“Educade os nenos e non será necesario castigar ós homes\”.