martes. 21.03.2023

Instantánea - 1No último pleno celebrado este luns, un dos temas tratados que máis deron que falar foi o problema de persoal laboral do Concello. Pero iso  quedará para a semana que ven.
Outro tema de “persoal” que se falou no pleno, pero que pasou practicamente desapercibido por parte de tódolos presentes e que creo firmemente que será quizais máis importante e transcendental que o do persoal do concello, co custe que ten, é o número de persoas que vivimos neste concello.
E  o realmente preocupante  non a longo tempo, se non a moi curto, é o número de persoas que estamos empadroadas no  Concello, e por ende, o ´numero de veciños, que aínda vivindo e residindo en Xinzo están empadroados noutros concellos limítrofes da Limia. 
PROHIBIDO   REBAIXAR 10.000 HABITANTES.
O último dato que podemos comprobar no censo a 1 de xaneiro de 2015, fai xa un ano e dous meses, o censo do noso concello era de  10.046 veciños. Isto a simple vista parece que non ten maior importancia. O problema é que as achegas do estado ás arcas municipais directamente están ligadas a poboación, e precisamente o corte está nos 10.000 habitantes. Isto quere dicir que dentro dun ano a achega do estado podería descender nunha cantidade tan siñificativa que nos presupostos seguintes do concello os gastos de persoal e funcionamento suporían  case a totalidade, o resto xa o supoñen vostedes.
QUE TEMOS QUE FACER
Ante esta situación MOI preocupante solo hai un camiño. Como dicía o alcalde no pleno, ou prohibirlle os veciños que morran, ou comezar a procrear, cuestión que moito nos tememos non está nas mans de ninguén, ou a única acción que si está nas nosas mans, que a xente que vivimos neste concello este empadroada aquí ,e non noutros. 
Neste momento xa haberá lectores que digan que cada un empadróase onde quere, ¡ata aí poderíamos chegar!
O problema xurdirá cando isto suceda e ,cos impostos non demos pagado os gastos. Que faremos despois?..protestar..reivindicar, etc. pero como iso non solucionaría a cuestión, penso que neste momento o grupo gobernante e oposición deberían estar a tratar seriamente este problema, para darlle una solución, para que cando chegue o momento ,o único que nos quede será votarse as culpas o outro, e os cidadáns deste concello padezamos una situación financeira moito peor que a actual, que xa non é a óptima.
A semana que ven falaremos do outro problema que se chama da mesma maneira, cal é o problema de “persoal” desta vez, dos que cobran das arcas municipais.

Comentarios