O 112 Galicia activa ao GES de Muíños a un accidente en Bande

Coche accidentado na 540. Foto GES MUIÑOS
O 112 Galicia activa ao GES de Muíños a un accidente en Bande

Onte as 13 h o 112 de Galicia, activou ó GES de Muiños para unha intervención nun accidente de tráfico...

Onte as 13 h o 112 de Galicia, activou ó GES de Muiños para unha intervención nun accidente de tráfico na 540

No punto Km. 37,6 da 540 na curva coñecida como “A curva do Marcha” prodúxose un accidente no que os ocupantes resultaron feridos leves. Ata alí trasladáronse ós efectivos de Muiños acompañados dunha motobomba.