Os alcaldes da raia únense pola mellora da estrada transfronteiriza

WhatsApp Image 2022-08-31 at 2.03.26 PM
Os alcaldes da raia únense pola mellora da estrada transfronteiriza
Alcaldes ourensáns e portugueses firman unha carta para levar á Cumbre Ibérica a mellora do eixo viario

Alcaldes e alcaldesas da Baixa Limia e Portugal, reuníronse onte na fronteira de A Madalena (Lobios-Lindoso) reclamando a mellora do eixo viario que pasa polo Gerês-Xurés dende Arcos de Valdevez/Ponte da Barca (IC-28) ata Celanova (A-31).

Representantes políticos ourensáns e portugueses firman unha carta para levar á Cumbre Ibérica, nela piden aos gobernos de España e Portugal que exerzan unha "vontade política real".

A alcaldesa de Lobios, Mari Carmen Yáñez, promotora do evento, expresa que "non é unha utopía" e que é un "investimento xusto" xa que di tamén que non houbo ninguha preocupación por parte dalgunhas administracións respecto a isto.

Unha proposta para impulsar a "raia"

A mellora da estrada daría un impulso ao desenvolvemento socioeconómico nesta zona, que se encontra con problemáticas de despoboación e envellecemento da poboación. Sobre todo buscan incentivar o turismo, como por exemplo no ámbito do termalismo e a Reserva da Biosfera Gerês-Xurés.

Este evento foi respaldado pola Deputación de Ourense e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, pero non hubo representantes da Xunta polo que varios alcaldes falan “falta de interés” por unha vía da que é titular.