O balneario de Lobios reanuda a súa actividade tras case catro meses de parón

Imaxe de arquivo do Balneario de Lobios.
O balneario de Lobios reanuda a súa actividade tras case catro meses de parón
Máis de medio centenar de persoas traballan xa con vistas á Semana Santa REDACCIÓN redac@dendealimia.com O venres próximo, 4 de abril, a chegada...

Máis de medio centenar de persoas traballan xa con vistas á Semana Santa

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

O venres próximo, 4 de abril, a chegada da primavera reabrirá o balneario de Lobios. Este establecemento, xestionado polo grupo Caldaria Termal volverá a recibir aos seu hóspedes despois de case catro meses de parón. Unha recuperación da actividade que agardaba pola Semana Santa coma auga de maio.

O pasado decembro, trala ponte da Constitución a empresa decidía botar o peche despois de dous anos de perdas provocadas pola crise económica, que tamén trouxo da man un ERE temporal para os seus traballadores. Pero desde hai xa un par de días, e ante un aluvión de reservas por medios de outro establecemento da cadea que se mantivo activo, medio centenar de profesionais traballan para que todo estea perfecto nas 86 habitacións do balneario.

As esperanzas están postas, ademais de na proximidade da Semana Santa, nas estancias subvencionadas pola Deputación e no turista portugués. E as ameazas xiran como non podía ser doutra maneira, arredor da omnipresente crise económica. Por esta razón desde o sector móstranse optimistas pero tamén cautos pois son conscientes de que “non é unha actividade barata” para os tempos que corren.