O BNG deixa facer ao PP en Lobeira

O BNG deixa facer ao PP en Lobeira

Os orzamentos propostos polo grupo de goberno, en minoría, foron aprobados grazas á abstención dos nacionalistas

REDACCIÓN

O pasado martes a corporación municipal de Lobeira reuníanse en pleno extraordinario para aprobar o orzamento de 2014, que ascende a 527.000 euros. E así aconteceu, os matices da asemblea entiveron en que o grupo popular, que goberna en minoría, conseguiu facer valer a súa proposta grazas a abstención do BNG. Tres votos a favor (PP), dous abstencións (BNG) e dous votos en contra (Xuntos por Lobeira) foi o saldo desta sesión atípica.

Máis vale malo conocido que bo por coñecer. Esa foi a filosofía que guiou as decisións do nacionalistas para deixaren aos populares manga ancha. Segundo Antón Álvarez, voceiro do grupo en Lobeira, o seu partido "non obstaculizará a labor do goberno se eso nos leva a unha situación peor".

Pola súa banda o outro partido da oposición, os independentes de Xuntos por Lobeira, quedáronse no non, alegando que "non contan con eles", pois o seu representante Xulio Álvarez Domínguez, asegurou que a primeira reunión para coñecer as contas do 2014 tivo lugar media hora antes do inicio da sesión na comisión de contas. O líder independente manifestouse tamén nas redes sociais sobre a conducta do colectivo nacionalista: "Revólveme as tripas ouvir que a ABSTENCIÓN é unha postura responsable, tomada polo ben de Lobeira. A sensu contrario, os que votamos en contra somos unhos irresponsables aos que non nos importa ren Lobeira. E digo eu...cántas veces vistes a Oposición votando a favor dunhos Orzamentos do Goberno? Bloque, Psoe, IU, UPyD...todos teñen que vir facer un máster a Lobeira!!".