Os Bolechas estarán en Bande

os bolechas en bande
Os Bolechas estarán en Bande

Os Bolechas van a Ourense é unha proposta de dinamización para o público infantil

Os Bolechas van a Ourense é unha proposta de dinamización para o público infantil para dar a coñecer os valores da provincia. A caravana, que estará na praza da Constitución do Concello de Bande o día 15 de abril, traerá actividades como:

-karaoke;-taller de debuxo;-taller de chapas;-cine;-ludoteca;-aula de informática;-xogos interactivos; música e animación

Ademais, TODAS AS NENAS E NENOS PARTICIPANTES que se acheguen á caravana levarán de agasallo o libro: \“OS BOLECHAS VAN A OURENSE\”. Un libro onde os Bolechas percorren a provincia de Ourense coas súas aventuras.

Ademais deste agasallo, tódalas nenas e nenos do concello que se acheguen á caravana poderán participar en importantes obsequios de lote de libros.

Horario de apertura ao público de 12:00 horas a 14:00 horas e de 16:30 horas a 20:30 horas.
Na caravana participan as sete personaxes dos libros a través de bonecos xigantes corpóreos que estarán de 17:00h. a 20:00h.