Os” cachorros” do P.A.N fórmanse en Baltar

GRUPO MEJICANOS
Os” cachorros” do P.A.N fórmanse en Baltar

Membros de Acción xuvenil do Partido de Acción Nacional (P.A.N )de México , fórmanse e Comunicación y Telegenia política durante 4 dias en Baltar

Despois de visitar Madrid e estar presentes nun pleno do Parlamento Galego , chegaron a Baltar, logo dunha visita a Deputación Provincial 16 xoves pertencentes as xuventudes do P.A.N Mexicano.

Todos eles pertencen as estruturas do partido, que neste momento está na oposición, pero que loxicamente aspira a estar pronto no goberno, e contar con algún dos membros que agora están en Baltar, como parlamentarios e directivos do partido tanto a nivel nacional como de algún estado.

Quen os trae de visita-formativa é Eladio Jardón un dos profesores e socios da consultora CARPEDIEM. Eladio Jardón nado e Baltar e veciño cando as súas actividades llo permiten ven acompañado pola súa socia Verónica Valdivia.

Ademais deles dous contan cun elenco de profesores das universidades da Coruña, Lugo, Asturias e Ourense para impartir este curso intensivo dende as 10 da mañá ata as 10 da noite. Aínda que despois aínda tiveron tempo para visitar Montalegre no día grande do venres 13.

Os futuros políticos e directivos veñen de estados coñecidos como Puebla, Veracruz e Guadalajara.

O rematar o curso intensivo, o luns, trasladaranse a Portugal, para despois de alí voltar para México.