Carabuñas recibe o PREMIO AGADER 2018 na categoria de Sector agrogandeiro

sabugueiro carabuño (1)
Carabuñas recibe o PREMIO AGADER 2018 na categoria de Sector agrogandeiro

A iniciativa está ubicada no concello de Vilar de Santos e detrás están Eva e Nelson.

Carabuñas é un proxecto de desenvolvemento rural sustentado no aproveitamento do sabugueiro, bieiteiro nalgunhas zonas de Galicia. Especializada no cultivo, investigación e transformación alimentaria da baga e flor do sabugueiro, que comercializan baixo a marca Carabuñas. Nace no 2012 coa intención de ver o sabugueiro dende outra óptica, darlle unha volta, un toque de innovación e pólo na mesa; no prato e no vaso.
Carabuñas pon no 2015 a primeira liña de produtos alimentarios de sabugueiro de España, na que podemos atopar xelea de flor de sabugueiro, mermeladas de baga de sabugueiro, licor e cervexas de sabugueiro.
Así, no 2016 decidiron facer a primeira plantación de sabugueiro de Galicia, variedade local e incorporar 6 variedades europeas. O obxectivo, ter sabugueiro ecolóxico e converter o eido Carabuñas nun espazo de divulgación da cultura do sabugueiro.
Nelson e Eva, salientan a importancia do galardón, pois non é un premio calquera, sendo este entregado ao desenvolvemento rural. E iso mesmo é o que pretenden facer co sabugueiro, pór en valor un recurso local desaproveitado.
Reafírmanse en que é un orgullo ter iniciado este proxecto, crer, querer e teimar co sabugueiro. Deixamosvos por aquí a súa páxina e tenda on-line! http://carabunhas.com/

sabugueiro carabuño (2)