O CDR O Viso organiza actividades de tempo libre para os máis pequenos

concilianadal
O CDR O Viso organiza actividades de tempo libre para os máis pequenos

O obxectivo é axudar á conciliación familiar e laboral das familias na época de Nadal.

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso organiza unhas actividades de ocio e tempo libre para nenos en Lodoselo, os días 28 de decembro e 4 de xaneiro. As actividades están dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de toda a comarca. As persoas interesadas poden anotarse nun só día ou nos dous. Os precios poden ser adaptados ás circunstancias familiares, en función da renda. A veciñanza interesada poderá realizar as inscricións no CIX –Centro de Información Xuvenil– da Limia (situado na Praza Maior nº 1 de Xinzo de Limia) antes do vindeiro día 23 de decembro. O CIX permanecerá aberto en horario de 10 a 18 horas.

A convocatoria das actividades inclúen transporte dende Xinzo, xantar, merenda e os propios xogos e obradoiros cos rapaces. Para ver actividades doutros anos pódese consultar na web www.cdroviso.org ou na páxina que a organización dispón na rede social Facebook. Con estas actividades pretenden, ademáis de ofertar alternativas para o tempo libre dos máis novos, "facer un pequeno apoio á conciliación familiar na época do Nadal das familias da comarca da Limia".