O delegado do Goberno e ó presidente da Confederación supervisaron as obras de mellora no entorno de AS CONCHAS

1
O delegado do Goberno e ó presidente da Confederación supervisaron as obras de mellora no entorno de AS CONCHAS

Os traballos que se están a realizar en Bande e Muiños xa superan o 50% da súa execución

Onte (martes) a maña, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, comprobaron a boa marcha dos traballos. Ademais, foron acompañados polos alcaldes de Muíños e Bande, Plácido Álvarez e José Antonio Armada, polo presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o delegado Territorial da Xunta, Rogelio Martínez, entre outras autoridades.

As actuacións programadas encontrase ao 52% de execución. Os proxectos localizados en Os Baños (Bande) están finalizados e os de O Corgo (Muíños) en execución. No entorno dos mananciais termais de Bande, realizouse o acondicionamento dunha zona para a utilización dunha única poza que estaba cuberta de terra e vexetación. Tamén se aproveitou un regato para crear unha poza de auga fría.

Por outra parte, no Concello de Muíños, estase a realizar unha zona de baño ubicada na parcela municipal próxima ao cámping. A construción da piscina grande estará destinada ao deporte escolar e recreativo e a outra máis pequena ao lecer dos cativos. Ademais, as instalacións contaran cuns vestiarios.

Sen embargo, o obxectivo do proxecto é mellorar as condicións de calidade das masas de auga do embalse. Para conseguilo, colocaranse illas vexetais, acatando as principais zonas de baño e a entrada de auga do río Limia ao propio embalse. Todo isto farase coa finalidade de captar parte do nitróxeno e do fósforo presente na auga aproveitándoos para o seu propio desenvolvemento, reducindo a presenza no interior das zonas de baño.