Dous días cheos de cultura no rural cas actividades do Laroucofest

Laroufofest 2018
Dous días cheos de cultura no rural cas actividades do Laroucofest

Celébrase en Baltar os días 27 e 28 de xullo.

Un ano máis, a Asociación de Mulleres Rurais da Raia e Xuventude do Larouco convidan, ao seu medio informativo, á cuarta edición do “Laroucofest” que terá lugar os vindeiros 27 e 28 de xullo de 2018 en Baltar (Ourense). Este festival inédito pretende mesturar música, natureza e deporte tradición. Será un lugar de encontro cheo de sensacións, unha plataforma para o intercambio de experiencias musicais e de danza, que ten o seu fundamento na música folk e na danza tradicional, ademais de ser un intercambio internacional, grazas á súa situación tan preto do noso país veciño, Portugal.

O proxecto Laroucofest pretende crear un movemento asociativo de toda a xuventude da contorna rural, sendo de vital importancia ao achegar un enorme potencial de dinamización e renovación. Os obxectivos preponderantes son: a eliminación da incerteza, a falta de perspectivas de futuro e a desmotivación provocada pola desestruturación social e cultural que xeran as as comunidades rurais.

Unha vez máis, o espírito do Laroucofest quere facer fincapé na sensibilización e preservación do medio ambiente e do rural. De aí que a organización prevé, para dar comezo a esta edición, o venres 27 de xullo as 20 h unha "Mesa redonda:Proxectos no rural: o coidado do medio ambiente" co obxectivo de reunir ao redor dunha mesa a diferentes actores que participan activamente no coidado do medio, dende representantes políticos dos diferentes concellos implicados, historiadores e etnógrafos para que nos falen do antes e despois da zona do Larouco e enxeñeiros que poidan informar sobre mecanismos de protección da Serra e do rural. A continuación os participantes do Campionato Europeo de Parapente sumaranse a este proxecto e terá lugar unha cea de confraternización amenizada por un grupo tradicional galego que mostrará ós asistentes dos distintos países de europa a cultura músical galega que tanto nos identifica.

O sábado 28 de xullo dará comezo o día, as 9 horas, cunha unha Andaina e Free Trail para que os asistentes poidan gozar da natureza e contorna. Á hora actual conta xa con máis de 90 persoas inscritas e ambas as dúas actividades estarán capitaneadas por un equipo de profesionais que porán todos os medios para que sexan actividades seguras. Para facer as inscricións cómpre rexistrarse en: https://goo.gl/forms/yemBIZePfEfHHZuh1, no facebook de Laroucofest, ou por email en laroucofest@gmail.com.

E pola tarde, xogos para os cativos e non tan cativos ademáis de unha Foliada con grupos tradicionais galegos da contorna, rematando este proxecto cos concertos de grupos de renome no panorama galego como son As Bruxas, Aráuxas pandereteiras e As Xeitoisiñas. Logo haberá concertos dos grupos De pé feito, Tanxugueira e Brinkadelia troupe. Támen cómpre sinalar que o Laroucofest contará con espazos habilitados para o baño fluvial, a artesanía, zona de bar e comida e de acampada. Tamén se pon a disposición dos Laroucofesteir@s un aparcadoiro para que non se teñan que preocupar dos coches.