A Escola de Saúde da Limia trata a nutrición e as enfermidades crónicas desde un punto de vista práctico

nutrición interior
A Escola de Saúde da Limia trata a nutrición e as enfermidades crónicas desde un punto de vista práctico

A Asociación prepara un taller para o próximo xoves día dez, que precisa inscrición previa REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Co obxectivo de que a...

A Asociación prepara un taller para o próximo xoves día dez, que precisa inscrición previa

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Co obxectivo de que a poboación “sinta a proximidade dos profesionais da saúde” do Concello de Xinzo, e a “súa implicación na calidade de vida dos limiaos”, a Asociación Escola Rural de Saúde da Limia organiza un taller sobre nutrición e enfermidades crónicas.

O obradoiro que será eminentemente práctico celebrarase o vindeiro xoves día dez de abril na primeira planta da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, entre as 16:30 horas e as 20:30 e será impartido polo persoal do Nutrición Center Prieto.

Os asistentes que deben inscribirse previamente ben no espazo que a Asociación ten na Casa da Cultura ou contactando por correo electrónico: escolaruraldesaudedalimia@yahoo.es , poderán coñecer a importancia da nutrición e a súa influencia nas enfermidades crónicas, aprenderán a identificar parámetros e desenvolver habilidades persoais para o autocuidado, ou as claves para unha dieta personalizada.