As familias numerosas non pagan polo DNI ou o Pasaporte

numerosa
As familias numerosas non pagan polo DNI ou o Pasaporte

Exención de pagar a taxa.

Aínda que agora xa non haxa familias tan numerosas coma antes, Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Benestar vén de informar, a través dun comunicado, que os membros de familias numerosas –tres fillos ou máis– están exentos de pagar a taxa pola expedición do Documento Nacional de Identidade ou do Pasaporte.

A medida, aprobada a nivel estatal, ten un carácter indefinido. Aqueles que desexen receibir máis información ao respecto deberán poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Xinzo de Limia.