18 de abril de 2015, 3:37
O termo de forquella é utilizado para referirse a un embutido típico da zona de Entrimo. Este concello, enviou unha petición ao Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega (RAG) para incluír a palabra no dicionario galego.
O termo xa se tratou nunha reunión e agora está nunha fase de estudo, por parte dos académicos, para determinar a súa incorporación ou exclusión. A noticia da incorporación do vocablo no dicionario galego podería coincidir coa próxima celebración desta festa, que organiza o Concello de Entrimo para promover e difundir a súa riqueza culinaria.