Un home resulta ferido en Trasmiras ao ser atropelado por un camión

Un home resulta ferido en Trasmiras ao ser atropelado por un camión

O accidente produciuse ás 9:30 da mañá no lugar de Vilar de Rei

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Un camión que circulaba marcha atrás esta mañá no municipio limiao de Trasmiras atropelou a un home deixándoo ferido. O sinistro produciuse contra as nove e media da mañá no lugar de Vilar de Rei.

Segundo informou Europa a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e o 061, interviñeron para socorrer ao veciño que finalmente foi trasladado a un centro sanitario nunha ambulancia asistencial.