Hoxe da comezo o Festival Reina Loba

reina loba
Hoxe da comezo o Festival Reina Loba

Esta IV Edición do festival que se celebra en Os Blancos, comeza hoxe as 18:00h

Os artistas do Espazo Matrioska inaugurarán hoxe ás 18:00h a IV Edición do Festival Reina Loba, encargado de traer movemento a Os Blancos. Coma sempre, o Reina Loba contará con unha chea de actividades, dende música ata talleres creativos. Durante o festival poderanse visitar exposicións como a de Jesús García sobre fotografía analóxica no “Bar Alfonso”. Nesta exposición poderase ver o día a día do colectivo Matrioska en Os Blancos.

Hoxe durante a xornada inaugural tocarán grupos coma Trópico de Grelos, Habelas Hainas e Fizzy Soup ademáis de outros moitos, e a festa continuará ata ben tarde, pois a última actuación de hoxe está programada paras ás 3:30h da madrugada.
Mañá venres comezan cedo as actividades, case sen tempo para o descanso, pois ás 11:00h empezarán os xogos tradicionais e en familia, talleres de máscaras e charlas sobre diversos temas, como por exemplo como activar o rural.
A música comezará a partires das 15:00h con Juan Galgo, El Jose, Rupatrupa Balkumbia, Cantaralai… e moitos grupos máis que continuarán a festa otra vez ata ben entrada a madrugada.
O sábado pola mañá realizaranse actividades deportivas e xogos familiares… E como non, continuará a música e a festa neste último día do festival. Grupos como Mundo Chillón, Fankea, Skabidean, Alpargata… serán os encargados de facer a xente desfrutar.