Un incendio desaloxa o CEIP Valle-Inclán de Muíños

ceip muiños 2
Un incendio desaloxa o CEIP Valle-Inclán de Muíños
Os cativos tiveron que ser evacuados logo de que o cadro eléctrico comezase a arder REDACCIÓN redac@dendealimia.com Contra as 10 horas desta mañá...

Os cativos tiveron que ser evacuados logo de que o cadro eléctrico comezase a arder

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Contra as 10 horas desta mañá (luns) incendiábase o cadro eléctrico do CEIP Valle-Inclán de Muíños. Inmediatamente membros do GES do Concello acudían ao lugar dos feitos e lograban sufocar  o lume coa axuda de extintores, logo de tomar a precaución de evacuar aos 26 pequenos e profesores a un pavillón anexo.

O lume limitouse ao cadro, pero segundo explicou a brigada de emerxencias, danou o cableado eléctrico da escola. Unha avaría que debe ser reparada o antes posible pois da instalación eléctrica depende a calefacción do centro e o funcionamento das neveiras do comedor. Os traballos poderían traer consigo a suspensión das clases durante un ou dous días, dato que aínda está por confirmar.

Non se coñece o motivo exacto do lume, pero como apuntan en La Voz de Galicia, esta zona de Mugueimes onde se atopa o colexio xa resultou afectada polas tormentas que a principios de mes provocaron numerosos danos. O cadro eléctrico desta escola x afora danada entón por unha descarga.