Lobeira conta con seis candidaturas para apenas 600 votantes

José Higuero
Lobeira conta con seis candidaturas para apenas 600 votantes

Emilio Higuero forma a súa propia lista logo de ser despedido polo PP

O alcalde de Lobeira, Emilio Higuero, foi despedido polo PP de cara as próximas eleccións. A súa inconformidade pronto se fixo notar porque segundo declarou a Voz de Galicia, as formas na que o botaron non foron as axeitadas, \“déronme unha patada no cu\”. Este alcalde leva 32 anos fronte o concello de Lobeira e, agora, sinte que como é maior xa non sirve.

Por esta razón, Emilio, despois de pensalo moito, decidiu formar a súa propia lista para poder presentarse as eleccións de maio. A súa nova formación chamarase \“Agrupación de Cidadáns de Lobeira\”. Segundo declarou a Voz, foi o propio presidente do partido en Ourense, José Manuel Baltar, quen lle deu a noticia de que non seria candidato, o pasado mes de novembro, sen antes falalo con el.

Este municipio non conta con máis de 800 habitantes, dos cales só votan 600. Pero iso si, son 6 os partidos que están preparando candidatura. O PP presentará como cabeza de lista o tenente alcalde, Antonio Iglesias. Xuntos por Lobeira, outro partido, é unha formación con exmilitantes do PP. O PSOE, o BNG, a formación de Emilio Higuero e outra agrupación máis, que se está creando e que pretende agruar distinto perfiles políticos; son as outras candidaturas.