Lobios necesita unha gardería debido ao aumento da natalidade

2015032308422512155
Lobios necesita unha gardería debido ao aumento da natalidade

Esta infraestrutura prestará servizo a 16 cativos de entre os 0 e 3 anos

Lobios reclama unha gardería, dado o aumento da natalidade, para prestar atención a 16 nenos de entre 0 e 3 anos. O municipio é o máis poboado da Baixa Limia posto que dende fai tempo estase mantendo a taxa de natalidade. Para este ano 2015 prevese que se produzan 10 nacementos.

Mari Carmen Yáñez Salgado, alcaldesa do municipio, mantivo a semana pasada unha reunión coa concelleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, para transmitirlle esta necesidade. A concelleira comprometeuse a estudar a situación para atopar posibles solucións e solventar as necesidades de estas familias que apostan por vivir no rural, a pesar da crises demográfica que están sufrindo as aldeas.

Na reunión, na que tamén acudiu o delegado da Xunto en Ourense, Rogelio Martínez, tamén se propuxo construir unha residencia de anciáns. Lobios é o único concello da comarca que carece deste servizo. Beatriz Mato mostrouse moi favorable en colaborar neste proxecto por dúas razóns: lograr cubrir a demanda de gran parte da poboación e ademais fixar poboación xerando postos de traballo; un dos graves problemas do rural.