Medio Ambiente autoriza a ampliación do cemiterio de Vilar de Barrio

Imaxe das actuacións que se van realizar no cemiterio. DAL
Medio Ambiente autoriza a ampliación do cemiterio de Vilar de Barrio
Construiranse 58 novos nichos San Pedro de Maus grazas a esta decisión promovida polo Bispado de Ourense  REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia A Consellería de...
Construiranse 58 novos nichos San Pedro de Maus grazas a esta decisión promovida polo Bispado de Ourense

 REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

A Consellería de Medio Ambiente ven de informar ao Concello de Vilar de Barrio de que dá a súa  autorización para ampliar o cemiterio parroquial de San Pedro de Maus. Esta actuación consiste na construción de 58 nichos novos, dos cales 9 son elevados e 49 serán soterrados, e na ordenación do espazo de 13 nichos existentes.Así se lle traslada desde a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo ao municipio, como entidade solicitante, aínda que a autorización está promovida polo Bispado de Ourense.

Tal e como se sinala na resolución remitida polo departamento de Urbanismo da Xunta, a parcela na que se pretende implantar o uso ten unha superficie de 79.250 m2, e deberanse respectar as características tipolóxicas, estéticas e construtivas e os materiais, cores e acabados das edificacións, e ao mesmo tempo serán acordes coa paisaxe rural e coas construcións tradicionais do contorno.

O planeamento vixente no Concello de Vilar de Barrio é un Plan Xeral de Ordenación municipal aprobado en xuño de 2009.