10 de diciembre de 2013, 0:55
Na madrugada do domingo o termómetro descendeu ata os dez grados baixo cero neste concello limiao
REDACCIÓN
[email protected]
Os termómetros tolearon en Calvos na madrugada do domingo, chegando aos dez grados baixo cero. Segundo Meteogalicia, o concello limiao acadou esta temperatura case polar debido a unha inversión térmica. Este fenómeno atmosférico sucede cando o aire frío, que pesa máis, se acumula durante a noite en zonas baixas coma o caso de Calvos, a onde non volve o agarimo de temperaturas máis agradables ata que sae o sol.
Con todo, os meteorólogos prevén unha subida de temperaturas a partir de mañá, ca entrada de ventos do sur que lle darán unha tregua aos nosos pobres ósos conxelados.