Outros tres casos máis de niños de velutinas

velutinas 2 (1)
Outros tres casos máis de niños de velutinas

Esta semana comezou con tres casos máis de niños de vespas asiáticas, tamén chamadas vespas velutinas. A semana pasada apareceron arredor de sete niños en toda a comarca que protección civil tivo que atender.

velutinas 2 (2)

Esta vez protección civil tivo que desprazarse ata Baltar e Laroá para continuar coas labores de retirar os niños para que non resulte perigoso para os veciños. Pero tamén tiveron que desprazarse por segunda vez a unha nave de Guillamil onde xa con anterioridade aparecera outro niño. Xunto a protección civil desprazáronse os bombeiros para apoialos no traballo e que resultara máis sinxelo e menos perigoso.

Como xa sabemos a vespa asiática ten incidencia directa sobre a fauna local, a polinización e os produtos agrícolas. Son moitas as froitas que son roídas, mordidas e comidas (uvas, peras, mazás, figos ou kiwis), particularmente en froiteiras próximos aos niños. Na apicultura constatouse que houbo unha redución do censo de apicultores de ata o 26%; descensos da poboación de abellas ou incluso a morte da totalidade das colonias nalgúns colmenares; falla de pole e mel no outono ou importantes déficits nas reservas de alimentos, problemas que repercuten seriamente na economía deste sector velutinas 2 (4)