Pasa un verán de aventuras en Bande

cartelbandecamps
Pasa un verán de aventuras en Bande
A Asociación Bandidos Xóvenes organiza un campamento deportivo-cultural en colaboración co Concello REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia O campamento deportivo-cultural de verán, Bandecamps chega cargado...

A Asociación Bandidos Xóvenes organiza un campamento deportivo-cultural en colaboración co Concello

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

O campamento deportivo-cultural de verán, Bandecamps chega cargado de actividades deportivas e culturais para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 16 anos. A actividade que conta coa colaboración do Concello, presenta catro quendas diferentes desde o 29 de xuño ata o 27 de xullo.

Durante a súa estancia na capital da Baixa Limia os pequenos terán a oportunidade de coñecer o Campamento Romano Aquis Querquennis e o seu centro de interpretación, a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande e o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. E terán tempo tamén para percorrer rutas de senderismo, realizar visitas termais, actividades deportivas e obradoiros. Para máis información sobre inscrición, datas e prezos, visita a web oficial do proxecto: http://www.bandecamps.com.