sábado 22/1/22

Xinzo acollerá mañá un mitin na Casa da Cultura, dentro da campaña europea dos populares

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

Os limiaos, coma todos os españois que así o desexen, poderán acudir a votar o vindeiro domingo para escoller a forma que queren que adopte o Parlamento europeo. Mentres na vila limiá as formacións políticas van presentando as súas propostas. Mañá tócalles aos populares cun mitin ás 20:30 horas da tarde na Casa da Cultura.

Neste acto de campaña estarán presentes o líder dos populares en Xinzo, Antonio Pérez, así coma o presidente provincial, Manuel Baltar e o vicesecretario xeral do PPdeG, Agustín Hernández.

 

Comentarios