A Sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural cumple 6 anos

areeirasandiás
A Sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural cumple 6 anos

O VI aniversario terá lugar o vindeiro sábado, día 4 de febreiro, coincidindo coa tamén celebración do Día Mundial dos Humidais.

A Sección Antela da SGHN celebrará o seu VI aniversario o vindeiro sábado, día 4 de febreiro, coincidindo coa tamén celebración do Día Mundial dos Humidais. Ámbolos dous festexos consistirán nunha xornada de campo para "divulgar os traballos que vén desenvolvendo a sociedade na chaira limiá para a restauración de humidais permanentes ou estacionais" –tanto naturais como artificiais–.

A xornada está aberta a todos os interesados en participar dela, mais a organización agradece que se confirme a asistencia ao correo electrónico antela@sghn.org, especialmente se se vai asistir ao xantar de confraternización.

O punto de encontro será a estación de servizo na saída de Abavides da autovía A-52 –no kilómetro 188– e a hora de comezo será as 10 horas. Pola mañá visitarase a Veiga de Vilaseca (Trasmiras) e a Veiga de Gomareite (Vilar de Barrio). A continuación xantarase nun restaurante da zona aínda por confirmar e, pola tarde, visitarase a zona das areeiras de Sandiás. A hora prevista de finalización é as 18:30 horas.