A serra do Larouco final dunha etapa da volta ciclista a Portugal

Chegada do corredor español
A serra do Larouco final dunha etapa da volta ciclista a Portugal

A pouco mais de 20 minutos de Xinzo de a metade de Baltar a serra do Larouco que fai a divisoria cos nosos veciños de Portugal encheuse de público da Limia, para ver o que logo sería a vitoria dun corredor español.

A serra do Larouco, a poucos Km. de todos nos, recibiu por primeira vez ó final dunha etapa da volta ciclista a Portugal. E para celebrar esta chegada o triunfo foi para David Belda(Burgos/BH) que coa mínima distancia de 163 cm con respecto ó segundo clasificado Mestre Ricardo e ó terceiro Veloso Gustavo, que entraron a tan solo 12 sg. Este último é agora o líder da volta a Portugal 2014.
Moitos foron os Limiaos que se acercaron ata a cima do Larouco para presenciar este acontecemento por primeira vez, algúns deles en bicicleta, demostrando a súa afección, e porque non dicilo, a súa condición física, porque si xa era suficente subir ata os 900 mts. De Baltar, de alí aínda tiñan que tirar ata os 1300 da serra do Larouco.