TITO E MARYMAR, FAN REXURDIR O RURAL

Terraza do Bar Benito
TITO E MARYMAR, FAN REXURDIR O RURAL
Dende o ano 36 leva funcionando o bar CASA BENITO en Ponteliñares. Primeiro foi o seu avó, despois seu pai...

Dende o ano 36 leva funcionando o bar CASA BENITO en Ponteliñares. Primeiro foi o seu avó, despois seu pai o famoso Benito de Ponteliñares, e agora tócalle o neto seguir co negocio familiar

Dende este mesmo domingo xa se poden degustar os famosos “callos da Merche”, que durante moitos anos, fixeron as delicias de todos os que ata alí se desprazaban ou ben lles tocaba de paso. Tito e Marymar, decidiron abandonar a vila fai poucas semanas para voltar os seus orixes, e despois de darlle unha man de chapa e pintura, xa reciben ós moitos amigos que votan en falta a súa presenza en Xinzo. Como moitos acordarán este cruce de camiños, nos seus tempos de gloria tivo ata unha discoteca. Non pretenden agora voltar a ese negocio, pero si a ofrecer ós pescantís e cazadores, así como a todos os que ata alí se acheguen, como dicíamos antes, ademais dos callos domingueiros Picaña, como especialidade da casa. O rural está de moda e un deses locais que non duvidamos que será referencia en pouco tempo é Bar BENITO, de Ponteliñares.