Unha veciña de Celanova resulta ferida grave nunha saída de vía en Rairiz de Veiga

Unha veciña de Celanova resulta ferida grave nunha saída de vía en Rairiz de Veiga

A muller de 54 anos viaxaba soa cando se produciu o sinistro o sábado pola mañá

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Este sábado, preto das 8.45 horas da mañá, unha muller de 54 anos e veciña de Celanova perdía o control do seu coche na estrada OU-531, ao seu paso polo municipio limiao de Rairiz de Veiga. Viaxaba soa no coche, e resultou ferida de gravidade cando se saíu da vía e chocou ca beiravía, tal e como informou a Garda Civil.

Tras o accidente no quilómetro 14,100, desta estrada que une os concellos de Xinzo de Limia e Cortegada, a vítima que resultou ser a única implicada no sinistro, foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.