Vilar de Barrio e Baltar seguen en situación crítica pola seca

Vilar de Barrio e Baltar seguen en situación crítica pola seca
Vilar de Barrio ten auga "para dous días" e a seca ameaza ás festas en Garabelos, Baltar

Chegando case a setembro, a seca segue preocupando e son varios os concellos que se encontran nunha situación crítica.

En Vilar de Barrio, Manuel Conde explica para La Región que hai auga para dous días. Actualmente, hai un suministro continuado pero comenta o alcalde de Vilar de Barrio que "están baixo mínimos".

Por outra banda José Antonio Feijóo, alcalde de Baltar, di que setembro é a peor época e para as festas en Garabelos intentarase levar un camión cisterna.

Está claro que en xeral, na comarca da Limia, a seca é importante e pese a rematar a tempada de verán, moitos alcaldes piden ao cidadán seguir usando resposablemente a auga para non agravar a situación actual.