VILAR DE SANTOS INICIA O CURSO NA ESCOLA INFANTIL

Escola Infantil de Vilar de Santos
VILAR DE SANTOS INICIA O CURSO NA ESCOLA INFANTIL
Coa chegada  do   mes    de    setembro, iniciouse   novamente o  curso na   Escola  Infantil de   Vilar de Santos....

Coa chegada  do   mes    de    setembro, iniciouse   novamente o  curso na   Escola  Infantil de   Vilar de Santos. Xa   houbo unha  reunión cos pais e nais e comezou o periodo de adaptación cos nenos e nenas

Desde a súa apertura no ano 2013, a nova Escola Infantil de Vilar de Santos, segue medrando co obxectivo de convertela nun espazo dinamizador de referencia e de atención educativa. Neste momento hai 13 nenos e nenas matriculados. A Escola é un servizo público de funcionamento diúrno, de titularidade municipal e xestión directa por parte do concello. Permanece aberta de luns a venres en horario de 8 a 16 horas. A Escola é un éxito innegable e reforza toda a dotación de infraestruturas e equipamentos públicos do concello para facer fronte ás novas demandas e permitiunos poñer á disposición das familias con nenos entre os 0-3 anos, un servizo moi especializado para contribuír tanto ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas como á corresponsabilidade e á conciliación da vida laboral e familiar, dentro dunha planificación comprometida coa realidade do mundo rural e cun ensino público e de calidade, contextualizado e dinamizador do medio. Neste novo curso, a partir do 2º trimestre, novos proxectos e actividades xa que funcionará unha Escola de Pais e Nais aberta a tódalas familias do Concello, coa finalidade de realizar unha reunión grupal de xeito quincenal, para proporcionar información sobre o desenvolvemento evolutivo e o coidado dos nenos e nenas destas idades e ofrecer un espazo de reflexión onde expresar e canalizar as preocupacións e experiencias persoais e tamén ofrecerá asesoramento educativo e psicopedagóxico. Estes servizos estarán coordinados e dirixidos pola Psicopedagoga e a Mestra da Escola Infantil. A Escola Infantil de Vilar de Santos é unha nova alternativa, outra aposta de futuro desde o grupo de goberno do Concello para garantir e seguir avanzando na calidade de vida e o benestar dos veciños e veciñas nas mesmas condicións que o mundo urbano co obxectivo primordial de frear o envellecemento e a despoboación no medio rural, e revitalizar os pobos. Xa está permitindo reducir o descenso demográfico e xerar atractivo para persoas que queiran establecerse en Vilar de Santos.