Vinte desempregados limiaos participaron nun obradoiro organizado pola Xunta

Obradoiro Xunta Alta Limia
Vinte desempregados limiaos participaron nun obradoiro organizado pola Xunta

Foron alumnos de xardinería e actuación forestal e procedían de Sarreaus, Trasmiras e Sandiás REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Unha vintena de limiaos e limiás...

Foron alumnos de xardinería e actuación forestal e procedían de Sarreaus, Trasmiras e Sandiás

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Unha vintena de limiaos e limiás sen emprego participaron desde o mes de outubro pasado no obradoiro de traballo “Alta Limia”, organizado pola Xunta de Galicia. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez clausuraba onte este taller no que participaron mozos de Sarreaus, Trasmiras e Sandiás como alumnos de xardinería e actuación forestal.

Durante os seis meses que durou este programa mixto de formación e emprego os alumnos rehabilitaron no concello de Sandiás, as contornas da Casa do Concello, do albergue, do colexio e de San Estevo, ademais de actuar nas áreas recreativas do centro social e da Casa da Cultura –na capitalidade do municipio- e na dos lugares do Souto e Piñeira. As actuacións desenvolvidas en Trasmiras dirixíronse á restauración e mellora da Praza do Concello, do parque Poula da Santa e dos parques públicos de Escornabois, Rabal, Vilaseca, Abavides e Chamusiños; tamén restauraron o monte O Común e acometeron a limpeza e acondicionamento dos camiños de Vila de rei-Castelo, Ribeira e Trasmiras-Vilardelebres. Por último, no concello de Sarreaus os alumnos do obradoiro acondicionaron o monte do Toural e os xardíns da praza do concello, restauraron a finca da igrexa Rodas e limparon o camiño Couso-Freixo-Couso.

Nesta iniciativa o departamento que dirixe Beatriz Mato invistiu preto de 178.000 euros.