As 10:15 h. de mañá, domingo, pecharase ao tráfico a rúa principal de Xinzo

182
As 10:15 h. de mañá, domingo, pecharase ao tráfico a rúa principal de Xinzo

Por mor da carreira popular ata as 12:00 h.

Este domingo terá lugar unha nova edición da 10km ,Carreira Popular de Xinzo de Limia, cun novo circuíto homologado, catalogado polo expertos como o máis rápido de Galicia polas súas longas rectas, poucas curvas, ancho e de bo asfalto.

183

Tamén estarán pechadas a rúa Dous de Maio para a celebración das carreiras e parcialmente as rúas Ladeira, Río Sil, Río Arnoia, Río Támega, Río Limia, Río Miño e Rosalía de Castro

POSIBILIDADE DE ACADAR MARCAS PERSOAIS

Ata este momento aínda non se sabe o número de participantes na categoría absoluta, pero espérase que sexan moitos os que queiran vir ata Xinzo para probar este novo circuíto homologado de 10 Km, e que segundo a organización pode traer moi boas marcas.

Segundo o responsable da Concellería, Luís M. Gil, con este cambio pretendemos darlle mais espectacularidade a carreira e polo tanto mais afluencia de participantes e de público.

HORARIO DAS DIFERENTES CATEGORÍAS

CARREIRA ABSOLUTA 10 Km- 10:40


CARREIRAS DE MENORES.
12:00 h - Infantil e cadete - 1900 m.
12:20 h - Benxamín e Alevín- 930 m
12:35 h - Prebenxamín (2010 e 2011) - 350 m
Trofeos para os 3 primeiros clasificados e medallas para os 4º e 5º de cada categoría.
12:45 h - Pitufos - 150 m. Medallas todos os participantes.