150 participantes de 12 equipos estarán este sábado en Xinzo

150 participantes de 12 equipos estarán este sábado en Xinzo

O pavillón será sede da Final da Copa Deputación Mini e Premini

O pavillón de Xinzo volvera a encherse este sábado de deportistas que disputarán as finais de basket mini e premini, máis de 150, que estarán en todo o tempo animados dende as gradas por pais, nais, avós, etc., como ocorre sempre.

Baloncesto na cancha e colorido nas gradas.

MINI 2011 E PRE MINI 2013

O club de Xinzo estará representado nestas finais polos equipos mini 2013 e premini 2013 que intentarán que a medalla de ouro da final se quede nas vitrinas do club, e como mínimo quedarán as de prata.

Con estes partidos rematará a máis que exitosa tempada 2022/23 para o club A.B.Xinzo-Gamallo.