No pavillón Municipal do Carballiño a hora da entrega das medallas o nome que mais veces sonou foi o das Escolas Deportivas Xinzo de Limia.
En todas as categorías , tanto individuais como por equipos tiveron ximnastas nos podios.
Por equipos destacou o equipo de iniciación que copou os tres postos. En prebenxamín subiron ao primeiro posto igual que en Infantil e en alevín e benxamín foron segundas e terceiras respectivamente.
En individuais ximnastas das categorías de benxamín e alevín foron 1º e 2º . En prebenxamín foron 2º e 3º así como na categoría de cadetes. En infantil unha ximnasta foi 3ª e na categoría de iniciación alzouse co 2º posto.
Isto mesmo, practicamente foron os mesmos podios que en Ribadavia, Xinzo e Barbadás. Recordar que estas ximnastas están dende fai anos adestradas por Sandra, estando asistida por Heidy.
Tamén nesta competición destacaron os ximnastas Carlos e Noa subiron os seus respetivos caixos como 2º e 3º en Infantil Masculino e Benxamín feminino respetivamente. na competición de Minitramp dirixidos por Nestor.
ÚNICO EQUIPO CON XIMNASTAS MASCULINOS
Edu en Benxamín e Manu en Alevíns son os únicos ximnastas que participaron en equipos, neste caso de Xinzo.
FIN DE SEMANA PRÓXIMO CAMPIONATO GALEGO
Para rematar a tempada, este domingo os conxuntos Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil, participarán no Campionato Galego que se celebrará en Marín (Pontevedra).