18 karatecas da Limia participarán no campeonato galego de Kickboxing 2017 o domingo 5 de marzo

63
18 karatecas da Limia participarán no campeonato galego de Kickboxing 2017 o domingo 5 de marzo

Nas categorías infantil, xuvenil e cadete

O vindeiro domingo día 5 de marzo, celebrarase na localidade pontevedresa de Arcade (Soutomaior), o Campionato Galego Oficial de Kickboxing 2017, na proba de Point Fighting. Na proba están inscritos máis de 200 deportistas pertencentes a algo máis de 40 clubs deportivos da Comunidade galega.

Á cita acudirá unha nutrida representación de deportistas de Kickboxing de Xinzo de Limia, pertencentes ao CLUB KICKBOXING XINZO. Serán un total de 18 competidores que participarán nas categorías infantil, xuvenil e cadete, que se desprazarán nun autobús fretado polo concello, e no que viaxarán tamén os familiares destes.

64A escola de Kickboxing de Xinzo creouse hai 6 anos, e leva a cabo a súa actividade nas instalacións do CEIP. Rosalia de Castro, 3 dias á semana, pero xa é das entidades máis representativas de Galicia, en canto á cantidade de deportistas que achega a estes campionatos oficiais da Federación Galega de Kickboxing, e con grandes opcións de conseguir medallas. Segundo o Adestrador e Director Técnico da entidade limiana, o Ex campión mundial Cipri Gomes, os seus pupilos realizaron unha boa preparación para este campionato autonómico, clasificatorio para o campionato nacional, e confía que se obterán uns bos resultados.

O evento levarase a cabo no pavillón municipal da Montesiña de Soutomaior(Pontevedra) iniciándose a competición ás 9 da mañá, as eliminatorias de cada categoría e peso, e cuxas finais está programa a súa realización ao fío das 15.00h .