O 1º Campeonato de tute de Gudes, xa ten gañadores

Yosef e Moncho
O 1º Campeonato de tute de Gudes, xa ten gañadores

Yosef e Fonso

A parella formada por Yosef e Fonso levaron o trofeo

Na tarde deste domingo na casa social do pobo de Gudes en Xinzo, celebrouse o 1º campionato de tute por parellas. Despois de dúas eliminatorias os veciños Yosef e Fonso fixéronse co trofeo e coa honra de aparecer como gañadores da primeira edición.A final chegou na terceira partida, pero os rivais sucumbiron con un contundente 8-3

Tamén estaba convocado un trofeo de bolos, que non se levou a cabo, por falta de participantes.

Desta maneira remataron as festas que os veciños organizaron este fin de semana, que tivo como prato forte unha cea veciñal, que rematou a rompida do día, unha misa de domingo na honra da patroa. Todo elo amenizado por un dúo musical de Ponteareas.