A 2ª proba do Circuíto de Orientación Limiactiva 2015 contou con máis de 60 participantes

OIR ECLIPSE
A 2ª proba do Circuíto de Orientación Limiactiva 2015 contou con máis de 60 participantes

A proba saldouse sen descalificacións, conseguindo que todos os participantes acadaran o obxectivo final

O pasado venres, 20 de marzo, cando o eclipse de sol aínda mantiña os seus efectos sobre as Areeiras da Limia, dábase a saída da 2ª proba do Circuíto de Orientación Limiactiva 2015.

A inscrición contaba con máis de 60 corredores de tódalas categorías. Limiactiva mantén un bo nivel de participación neste terceiro ano do seu circuíto e vai gañando adeptos que se van enganchando a este deporte.

Nesta proba das Areeiras, varios orientadores debutaban neste deporte, sendo a súa primeira carreira e realizando o mesmo percorrido que o resto de participantes, polo que convén resaltar que todos acadaron o obxectivo final, e non houbo descualificacións.

Os gañadores absolutos foron Eros Mata (59:45) e Irene Morales (01:15:06). Na categoría de maiores de 45 anos gañaron Miguel Ángel Díaz e Teresa Martínez, mentres que na de maiores de 55 anos foi Tomás García o primeiro clasificado.

Nas probas escolares os gañadores foron: Joao Morales e Laura Valeria Guitiérrez en alevíns, e Carla Domínguez en infantís. A carreira de benxamíns tivo como gañadores a Rodrigo Díaz e Carmen Castillo.